PROGRAMA

MARTES 22 DE MARZO

AUDITORIO
10:15 Horas

INAUGURACIÓN

RESTAURANTE
10:00 Horas

SELECCIÓN DE AUGARDENTES E LICORES DE GALICIA 

Selección de augardentes e licores de Galicia para as Distincións Gallaecia 2022

 

Cata de tapa cega (botella tapada) e dobres catas de mostras do mercado.

Certame  oficialmente recoñecido polo Ministerio de Medio Ambiente e Rural do Goberno de España e o Goberno Autonómico de Galicia. 

Participantes:
Sumilleres da Asociación de Sumilleres Gallaecia.

SALA COLUMNAS
10:00 Horas

CATA DE VIÑOS DE TINALLA

Introdución á historia e ás tinallas no mundo do viño e breve historia da relación do barro e o viño.
Cata de cada viño presentado polos enólogos e enólogas elaboradoras.
Charla, preguntas e dúbidas por parte dos asistentes.

O último viño catarase en copa e en “cunca” de barro de Buño dirixida por Alberto Varela.

Iria Otero — Anarka

Jose Crusat  — Komokabras Laranxa

Robustiano Fariña  — Sitta Doliola

Nacho Gonzalez — Finca La Perdida O Pando

Alberto Fernández — N&S Ánfora

Fran Gorín, Presidente da asociación de Oleiros de Buño

PRAZAS

Moi limitadas

AUDITORIO
11:00 Horas

DIXITALIZACIÓN E OPTIMIZACIÓN DA REGA EN VIÑEDOS COMO MELLOR FORMA DE OPTIMIZAR OS RECURSOS E AUMENTAR A PRODUTIVIDADE

A monitoraxe do chan dos viñedos permite coñecer que está a ocorrer na raíz da planta. Desta forma poderemos adiantarnos e tomar as decisións máis acertadas permitindo coñecer todos os parámetros do chan e aqueles parámetros ambientais que afectan de forma directa ao cultivo. Tamén saberemos a cantidade de auga a usar, sen que nada se desperdicie e a duración e espazado no tempo das regas para realizar de forma moi precisa. Tendo en conta a auga procedente da choiva, a temperatura e humidade ambientais, a humidade do chan, a cantidade de auga usada nas regas e a condutividade eléctrica da auga de rega, pódese saber cunha gran precisión como adecuar as regas a cada campaña e adaptarnos mellor aos períodos de choiva e de seca.

Viaqua e Qampo propoñen sistemas que permiten a monitoraxe e a análise de parámetros agronómicos e ambientais co fin de optimizar a produción, a calidade e a sustentabilidade ambiental (pegada hídrica, pegada de carbono e axenda 2030), así como reducir os riscos produtivos (enfermidades, xeadas…). Coñecer os parámetros chave que influíron ao viñedo durante cada campaña, permite ir axustando os manexos para conseguir unha maior repetibilidade entre campañas e entre as diferentes leiras.

Charla Viaqua en Revera Vinum

Con Antonio Sainz, director xeral e co-fundador desde 2010 de Qampo, partner de Agbar, grupo ao que pertence Viaqua. É Enxeñeiro de Telecomunicacións e Enxeñeiro en Electrónica pola Universidade de Valladolid. 

PRAZAS

Moi limitadas

PREZO

Actividade gratuíta *

SALA CIMABUE
12:00 Horas

CATA DE CLIMAS

Presentación e análise dos climas no mundo do viño, como afectan e que tipos de climas danse en Galicia.
Os elaboradores participantes ofrecerán unha cata de viños de carácter atlántico, mediterráneo e continental.
Posteriormente teremos un debate moderado polo xornalista Diego Viaño.

Xurxo Alba. Revera Vinum

CLIMA ATLÁNTICO

Formado en enoloxía e viticultura, Xurxo Alba estudou tamén Enxeñería en Industrias Alimentarias. É propietario, xunto a súa familia, de Bodegas Albamar, en Cambados, nas Rías Baixas.

*Albamar. D.O. Rías Baixas
*Finca O Esteiro coupage. D.O. Rías Baixas

Pablo Vidal. Revera Vinum

CLIMA CONTINENTAL

Pablo Vidal é enxeñeiro en Industrias Agrarias e Alimentarias e Master en Viticultura e Enoloxía. Na actualidade é CEO en Vinos Con Personalidad e asesor Técnico Explotacións Vitivinícolas.

*Maldito, tinto de Guarda. D.O. Valdeorras
*Big bang, tinto de Guarda. D.O. Ribeiro.

Xosé Lois Sebio. Revera Vinum

CLIMA MEDITERRANEO

Mellor enólogo de Galicia pola Asociación de Sumilleres Gallaecia no ano 2007, Álvaro Bueno formou parte dos comités de cata de catro das cinco Denominacións de Orixe que existen en Galicia (Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras). Posúe así mesmo o seu propio laboratorio e asesoría vitivinícola, Catavinos, da que é socio fundador desde o ano 1995. Na actualidade, asesora a adegas de recoñecido prestixio en catro DO galegas.

* Ladairo Edicion J. L. Vilela. D.O. Monterrei
* Quinta das Tapias Treixadura. D.O. Monterrei

Diego Viaño. Revera Vinum

Diego Viaño é un dos responsables da información meteorolóxica da CRTVG, sendo presentador e director dos distintos espazos do tempo que se emiten na TVG. 

PRAZAS

Moi limitadas

INSCRICIÓNS

ESGOTADAS

PREZO

25 €

SALA COLUMNAS
17:00 Horas

TALLER DE CATA E ELABORACIÓN DE CÓCTELES CON AUGARDENTES E LICORES DE GALICIA

Pilar Fernández. Revera Vinum

En este taller vamos a conocer la historia y tradición de nuestros aguardientes de orujo, su elaboración y zonas de producción.

Haremos una cata guiada de 3 aguardientes de la destilería Aguardientes de Galicia: un monovarietal de albariño, un polivarietal de uvas propias de esta zona de producción y cataremos el aguardiente Vedra del Ulla, uno de los orujos más premiados de esta destilería.

En la parte de coctelería aprenderemos a elaborar cocteles con aguardientes y licores de Galicia y degustaremos 3 cócteles, Terra, Meiga y Bravú (premio mejor cóctel en la última edición de Santiago É Cóctel)

PRAZAS

Moi limitadas

SALA CIMABUE
17:00 Horas

CATA COMPARATIVA DE AÑADAS HISTÓRICAS DE PONTE DA BOGA

 Dominique Roujou de Boubée

Doutor en Enoloxía e Ampeloloxía pola Facultade de Bordeus. Este francés afincado en Galicia desde 2012 é un referente entre os enólogos galegos e forma parte do panel de formadores do Máster de Sumiller Profesional que imparte o Instituto Galego do Viño.

PRAZAS

Moi limitadas

PREZO

Actividade gratuíta*

RESTAURANTE
18:30 Horas

TALLER DE CATA DE QUEIXOS CON DOP GALEGAS

SALOMÉ BEIROA

Catadora de queixos galegos con DOP. Membro do panel de cata dos queixos galegos con DOP desde a súa creación, realiza catas, imparte cursos de formación en análise sensorial para a AGACAL (Axencia Galega da Calidade alimentaria), colabora en actividades divulgativas cos Consellos Reguladores, co Servizo de Promoción da AGACAL, realiza accións formativas… Ademais, realiza asesoramento técnico e control de calidade en distintas queixerías en toda a xeografía galega.

Queixos:

D.O. P. Arzúa- Ulloa
D.O. P. Tetilla
D.O. P. Cebreiro curado
D.O.  P. San Simón da Costa
Sin D.O. Queixo Azúl de Vilalba

TONI GEREZ

Mestre indiscutible na cata de viños e queixos, dirixe o Castell  Perelada Restaurant.

Anteriormente estivo 12 anos no Bulli, como sumiller e maître. Froito desta experiencia, fundou xunto a Juli Soler, Ferran  Adrià e Xavier  Sagristà o Restaurante Hotel Mais Pau, do que foi director, sumiller e xefe de sala, mantendo unha estrela  Michelin durante 20 anos. 

Viños:

MANUEL ROJO, D.O. Ribeiro
PAZO DE RUBIANES, D.O. Rías Baixas
O´PROMINE, D.O. Ribeira Sacra
FEITIZO DA NOITE, brut nature. D.O. Rías Baixas
TOSTADO DE COSTEIRA, D.O. Ribeiro
LICOR CAFÉ TERRAS DE LANTAÑO, Augardentes e licores de Galicia 

Selección de queixos con DOP de Galicia en harmonía con viños de DO e IXP de Galicia.

PRAZAS

Moi limitadas

* Para acceder ás actividades gratuítas (previo rexistro) é necesario mercar unha entrada, un bono ou asistir a calquera outra actividade de pago.

Revera Vinum
Patrocinios Revera Vinum
Colaboradores Revera Vinum