ACTIVIDADES PARALELAS

Rutas de Viño Revera Vinum Compostela

As ‘Rutas de Viño Revera Vinum Compostela’ desenvolveranse do 18 ao 27 de marzo. Participarán un total de 36 bares e restaurantes distribuídos en seis rutas: Ruta de San Lázaro (A Casa da Viña, A Grella, La Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, O Afiador e Pedra Santa); Ruta da Cidade Histórica (A Fuego Lento, A Tuna, Bar Suso, Café Casino, Comovino e Vinoteca Cervantes); Ruta San Pedro – Praza de Abastos (A Ostrería, A Medusa, A Sucursal de Moha, Bicoca, Bodegón Casas Chico, DeLito Espazo Gastronómico e O Dezaseis); Ruta San Clemente – Franco (A Lareira, Abellá, La Morena, Marte, Pumar, San Jaime e Ventosela); Ruta do Ensanche (Café D’Lucía, Café Bar Isla, Cafetería Arosa, Lido e Par6 Bar) e Ruta de Santa Marta (A Vaquiña, ArteSana Gastrobar, Bodeguilla de Santa Marta, Mera e O Ferro). 

A clientela atopará nestes locais uns tarxetóns con estes itinerarios, que poderá ir completando co selo do establecemento por consumir un viño con DO ou IXP galega. 

Por cada ruta rematada, entrarase nun sorteo de diferentes agasallos

    • 10 experiencias Cheese & Wine para dúas persoas na Adega Ponte da Boga: Un paseo por viñedos, envoltos nun clima atlántico continental, coñecendo a adega e a curiosa forma de elaborar os seus viños. Un percorrido guiado que culmina coa cata de 4 viños e a maridaxe do queixo galego máis axeitado para cada un deles.
    • 1 estancia en Adegas Lagar de Costa.
    • 5 bonos con visita a Bodegas Martín Códax e cata de 3 viños e 3 queixos ou conservas para 4 persoas.
    • 10 visitas a adegas do grupo Regina Viarum.
    • 1 visita a Adegas Terras Gauda para 4 persoas.
    • 5 lotes de viños D.O. Monterrei.
    • 1 lote de viños da D.O. Ribeiro.
    • Lotes de viño da D.O. Valdeorras
    • 6 lotes de viño do Grupo La Catedral 
    • 1 visita á Adegas Valmiñor para 4 persoas con cata e comida en restaurante da zona + 3 estuches de 3 botellas 
    • 2 estuches de 3 botellas de Bodega Eduardo Peña
    • 1 visita a Bodega Pazo Tizón para 4 persoas con cata + 2 estuches de 3 botellas 
    • 2 estuches de 3 botellas da Bodega Quinta da Peza
    • 2 estuches de 3 botellas de Bodega Casa de Outeiro 
    • 3 lotes de viño da D.O. Ribeira Sacra 
*Os sorteo realizarase o 1 de abril na sede da Asociación Hostalaría Compostela. 
San Lázaro
San Pedro - Porta do Camiño - Praza de Abastos
Franco
Santa Marta
Ensanche

Catas con maridaxe musical

A Sala Riquela acollerá o mércores 23 de marzo a primeira das dúas ‘Catas con Maridaxe Musical Revera Vinum Compostela’. Será a partir das 20:30 horas e nela participarán os sumilleres Guillermo Cruz e Miguel Rodríguez xunto con Sabela King & The Heartbreakers, un trío musical de blues formado por  Sabela King (voz e ukelele), Ramón Figueira (armónicas) e Benjamín Vázquez (guitarras). 

A segunda das ‘Catas con Maridaxe Musical Revera Vinum Compostela’ celebrarase o sábado 26 de marzo ás 20:30 horas na Sala Sónar, coa participación do sumiller Martiño Santos e o grupo Hainas. Hainas é unha banda de Santiago, liderada por Andrea Pérez e Bea Mazaira, que percorre diferentes estilos como o soul, funky, swing e r&b. 

O aforo para cada unha destas catas limítase a 40 persoas que deberán inscribirse previamente escribindo ao correo electrónico actividades@reveravinum.gal