- Máis de 4800 persoas visitaron a zona expositiva con representación de preto de 200 adegas e un túnel do viño con máis de 300 referencias das DO e IXP galegas
- O evento celebrouse en Compostela do 22 ao 24 de marzo grazas ao apoio da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e do Concello de Santiago, así como de Ponte da Boga, Cervezas 1906 e Gadis como principais patrocinadores
O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum despediuse despois de tres xornadas de actividades relacionadas cos viños con DO e IXP galegas. Un total de 4821 persoas pasaron polo Hotel Monumento San Francisco para visitar a zona expositiva e participar nas catas, talleres e mesas redondas que se organizaron do 22 ao 24 de marzo. Tal foi o éxito de convocatoria que o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodriguez, anunciou xa a segunda edición para as mesmas datas do 2023.
Este primeiro Revera Vinum, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela e organizado por Escenoset, puido celebrarse grazas ao apoio da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e do Concello de Santiago. Tamén patrocinaron o evento Ponte da Boga e Cervezas 1906, así como Gadis, e contouse coa colaboración de Viaqua, Grupo Roig, Cotelga, Novas & Mar, Galicia Calidade, Ternera Gallega, o Concello de O Pino, o CIFP Compostela, o CPR O Raio Verde, Artesanía de Galicia, AllWork, eBullicionar e Renfe, como transporte oficial.
Catas, talleres e mesas redondas
O público, procedente maioritariamente de Galicia pero tamén doutras zonas de España como Extremadura, Salamanca ou Madrid, puido catar as propostas de máis de 180 adegas galegas e gozar dun túnel do viño con máis de 300 referencias.
AGACAL contou cun espazo dedicado a ‘Experiencias de Calidade’, nas que foi posible asistir a diferentes catas e degustacións gratuítas. Tamén ofreceron degustacións gratuítas Galicia Calidade (xamón e conservas), Ternera Gallega e o Concello do Pino (Galo Piñeiro).
Durante os tres días que durou o Encontro tamén se celebraron catas, talleres e mesas redondas nas que participaron prestixiosos sumilleres, enólogos e catadores como Rafael Palacios, Eva Pizarro, Xurxo Alba, Toni Gerez, etc.
Talleres de tiraxe de Cervezas 1906 e cata de Ponte da Boga
A zona expositiva do Encontro incluiu tamén un espazo dedicado a Cervezas 1906, no que se realizaron talleres de tiraxe de cervexas de Hijos de Rivera.
Ponte da Boga estivo presente no Encontro cunha cata especial de añadas históricas da man do enólogo Dominique Roujou de Boubée.
Actividades paralelas
De xeito paralelo ao Encontro, estanse a realizar varias actividades en colaboración co Concello de Santiago: as ‘Rutas de Viño Revera Vinum Compostela’, que comezaron o pasado venres e durarán ata o domingo, e as ‘Catas con Maridaxe Musical Revera Vinum Compostela’, que mesturan música e viño e que se celebraron este mércores na Sala Riquela e rematarán este sábado na Sala Sonar.
Nas ‘Rutas de Viño Revera Vinum Compostela’ participan un total de 36 bares e restaurantes distribuídos en seis rutas: Ruta de San Lázaro (A Casa da Viña, A Grella, Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, O Afiador e Pedra Santa); Ruta da Cidade Histórica (A fuego lento, A Tuna, Bar Suso, Café Casino, Comovino e Vinoteca Cervantes); Ruta San Pedro – Praza de Abastos (A Ostrería, A Medusa, A Sucursal de Moha, Bicoca, Bodegón Casas Chico, DeLito Espazo Gastronómico e O Dezaseis); Ruta San Clemente – Franco (A Lareira, Abellá, La Morena, Marte, Pumar, San Jaime e Ventosela); Ruta do Ensanche (Café D’Lucía, Café Bar Isla, Cafetería Arosa, Lido e Par6 Bar) e Ruta de Santa Marta (A Vaquiña, ArteSana Gastrobar, Bodeguilla de Santa Marta, Mera e O Ferro).
A clientela pode atopar nestes locais uns tarxetóns con estes itinerarios, que poderá ir completando co selo do establecemento por consumir un viño con DO ou IXP galega.
Por cada ruta rematada, entrarase nun sorteo de diferentes agasallos como 10 experiencias Cheese & Wine na Adega Ponte da Boga, un percorrido guiado que culmina coa cata de 4 viños e a maridaxe do queixo galego máis axeitado para cada un deles. Sortearanse tamén lotes de viños, estancias de turismo rural… Todos os regalos poden consultarse na web reveravinum.gal