A unha semana da celebración do II Encontro do Viño Galego Revera Vinum, promovido pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, o evento segue sumando novas propostas que farán máis atractiva se cabe a súa visita.

Así, ao programa de actividades previstas propias da feira, na que destacan mesas redondas, catas e conferencias, e a exposición dunhas 500 referencias para probar entre casetas e Túnel do Viño, súmase a axenda propia confeccionada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), que preparou para os dous días varias actividades, entre as que destacan catas e maridaxes, nos que adquiren protagonismo viños espumosos, queixos, augardentes e licores, e relatores da talla de Salomé Beiroa ou Nacho Costoya.

Ademais, ata o día 31 de marzo e como complemento, está a celebrarse en Compostela Galicia en Copas, un roteiro de viños por 27 locais da cidade, que inclúe ademais varias accións nalgúns deles, como un menú maridaxe en O Afiador, ou catas maridaxe na Bodeguilla de San Lázaro e na Bodeguilla de Santa Marta, entre outros.

Cavbe lembrar que Agacal é unha axencia adscrita á Consellería de Medio Rural, cuxo principal obxetivo é a promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.

Programacion AGACAL Revera Vinum 2023

AGACAL