Arrincan os preparativos para o II Encontro do Viño Galego ‘Revera Vinum’
Tras o éxito alcanzado o pasado ano, o Encontro do Viño Galego Revera Vinum volverá ao calendario de eventos de Compostela no mes de marzo para celebrar unha segunda edición que volverá reunir a profesionais do sector no San Francisco Hotel Monumento.
Será os días 27 e 28 de marzo, promovido pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset, co patrocinio de Turismo de Galicia e o Concello de Santiago, e a colaboración de diversas empresas.
Cun completo programa de actividades, o Revera Vinum, cuxo obxectivo é difundir e poñer en valor os viños galegos, contará coa participación de prestixiosos sumilleres, enólogos e críticos especializados, ademais dun Túnel do Viño, e unha área expositiva na que estarán presentes as D.O. e as IXP galegas.