O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum celebrarase en Santiago en marzo de 2022

A Asociación Hostalaría Compostela, entidade que aglutina a máis de 600 locais de hostalaría de Santiago e a súa comarca, promove o I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo de 2022 na capital galega. Esta será a primeira vez que participarán nun mesmo evento todas as Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia.

A iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, pretende dar a coñecer, promover e difundir os viños galegos entre os profesionais do sector, así como entre a veciñanza e aqueles que visiten Compostela, servindo como atractivo turístico en temporada baixa.

O I Revera Vinum desenvolverase no Hotel Monumento San Francisco, con ponencias, mesas de debate e catas impartidas por algúns dos máis coñecidos sumilleres, enólogos e catadores galegos e do resto de España. Así, entre outros, xa teñen confirmada a súa participación Xurxo Alba, Paula Fandiño, Rafael Palacios, Luis e Alejandro Paadín, Alberto Varela e Salomé Beiroa.

O encontro contará ademais con diversas actividades paralelas, como un roteiro de viños.

Esta entrada tiene 2 comentarios

  1. Mónica Inés Mosquera Uzal

    Hola, estoy interesada en inscribirme

Deja una respuesta